Concedemos as subvencións aos clubes e asociacións que solicitaron as axudas para o fomento da cultura e o deporte

O Concello subvencionou con un total de 14.330,00€uros ás asociacións culturais e clubes deportivos do Municipio que o solicitaron e que presentaron toda a documentación ao abeiro da ordenanza que regula a concesión de axudas destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas.

Un total de 14 entidades da Cañiza que segundo manifestou o Alcalde esta mañá “son unha parte fundamental do noso entramado social porque a posta en marcha das súas actividades melloran a convivencia, contribúen ao desenvolvemento social e inclusivo de todos os nosos veciños, e no caso dos clubes deportivos, fomentan a práctica de distintas disciplinas, aproveitando o tempo libre e impulsando programas de interese para todos”.

Coas axudas concedidas preténdese tamén intensificar a promoción do Concello por parte dos subvencionados, de xeito que, entre todos, poidamos continuar reforzando a marca Cañiza e todos os nosos activos e potencialidades turísticas e económicas. Un traballo compartido en beneficio de todos.

Ademáis destas axudas, dende o Concello colaboramos con todas estas entidades para que poidan desenvolver gratuitamente as súas actividades nos centros e instalacións municipais sen  pagar ningunha taxa polo uso dos mesmos.

O Alcalde Luis Piña tamén avanzou que nos vindeiros meses sairán publicadas as axudas correspondentes á anualidade 2024, nos prazos que establece a ordenanza vixente e que dispón que a presentación de solicitudes exténdese dende a publicación no BOP, entre os meses de marzo e abril ata o 30 de xuño.

Subvencións concedidas ás asociacións culturais e clubes deportivos da Cañiza, abonadas o 29/12/2023.

 

ASOCIACIÓN CULTURAL /CLUBE DEPORTIVO

CANTIDADE CONCEDIDA:

ANPA O CHUSQUIÑO – VALEIXE

300€

ASOCIACIÓN CULTURAL SANTA CRISTINA DE VALEIXE

1200€

ASOCIACION CULTURAL ASCULCA

300€

ASOCIACION DEPORTIVA VALEIXE FS

250€

ASOCIACIÓN FURAFOLLAS

500€

ASOCIACION PENSIONISTAS Y JUBILADOS STA. TERESA

1200€

ASOCIACIÓN REVIRAVOLTAS

500€

ASOCIACIÓN SOBRE RODAS

500€

CLUB DE FUTBOL CAÑIZA

5000€

CORAL POLIFÓNICA DE A CAÑIZA

2880€

GRUPETTA PAN DE ZARKO

500€

MOTOCLUB TUMBADA ÁS 4

400€

ASOCIACIÓN DE MULLERES AXOUXERE

300€

SOCIEDADE DE CAZA A CAÑIZA

500€

TOTAL

14.330,00€