COMUNICADO URXENTE:

Medidas a adoptar para colaborar cos afectados e as zonas devastadas pola Dana de Valencia.

Seguindo as indicacións enviadas pola Federación Española de Municipios e Provincias, a Federación Galega e a Federación Valenciana así como pola Generalitat Valenciana:

  • PRIMEIRO:  todas estas Federacións  e a GENERALITAT VALENCIANA agradecen a colaboración cidadá á hora de enviar produtos, alimentos, persoal, medios e materiais especializados a todas as persoas afectadas pola Dana sufrida na Comunidade de Valencia.
  • SEGUNDO: Sin embargo, en coordinación cos responsables da distribución de todo este material, nos indican que nestes momentos, debido aos problemas de loxística e almacenamento, é máis recomendable enviar as axudas a través de doazóns económicas ás organizacións que traballan nas zonas afectadas.
  • TERCEIRO:  “polo momento deben paralizarse os envíos de material ata novas indicacións, que serán comunicadas aos Concellos”.
  • CUARTO: as vías para as doazóns económicas cos números de conta habilitados son:
    • GENERALITAT VALENCIANA:  ES94 0081 0693 61 0002423445  e CRUZ VERMELLA (os datos pódense consultar no cartel).
  • QUINTO: O Club Balonmán Cañiza organizou coa colaboración do Concello unha recollida de alimentos que xa está custodiada oficialmente. Unha gran labor que nestes momentos queremos agradecer. Un agradecemento tamén extensivo á xenerosidade dos cañicenses.
  • SEXTO: Esta Alcaldía está en permanente contacto coa Delegación do Goberno en Galicia, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra e a Federación Valenciana de Municipios, para enviar o material polas canles oficiais autorizadas.
  • SÉTIMO: Dende o Concello da Cañiza estamos a disposición de tramitar e canalizar os envíos de material e alimentos de todas aquelas iniciativas que se poidan realizar.

 Moitas grazas pola vosa solidariedade!!

 

 

MEDIDAS A ADOPTAR PARA COLABORAR COS AFECTADOS E AS ZONAS DEVASTADAS POLA DANA DE VALENCIA.

 

MEDIDAS A ADOPTAR PARA COLABORAR COS AFECTADOS E AS ZONAS DEVASTADAS POLA DANA DE VALENCIA.

 

MEDIDAS A ADOPTAR PARA COLABORAR COS AFECTADOS E AS ZONAS DEVASTADAS POLA DANA DE VALENCIA.