Comezan a traballar as 11 persoas seleccionadas a través das políticas activas de emprego da Deputación de Pontevedra

Este 15 de abril comezaron a traballar as 11 persoas contratadas ao abeiro da liña 3 de axudas do plan «+ Provincia» da Deputación de Pontevedra para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

Todas as prazas ofertadas son a xornada completa, 7,5 horas durante 6 meses e os salarios deste persoal están equiparados cos dos empregados do Concello con similares ocupacións.

 

O Concello informa que está subvencionado cun total de 123.018,97€ para a activación do emprego para a anualidade de 2024, con cargo ao plan de obras e servizos de competencia municipal da Deputación provincial « Plan + Provincia 2024»

Durante este ano abríronse varios procedementos para a contratación de 11 persoas desempregadas:

  • 2 mozos de recollida de lixeo
  • 6 peóns de obras públicas
  • 3 condutores operarios de maquinaria de vías

O pasado 15 de abril comezaron a traballar as 11 persoas seleccionadas no procedemento de contratación.

A selección de persoal respetou os principios de igualdade, mérito e capacidade, nun proceso que cumpre coa preceptiva publicidade da convocatoria e das Bases. Tamén estiveron garantizados os principios de transparencia, imparcialidade, profesionalidade e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección e, segundo a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, a igualdade efectiva de mulleres e homes.

 

Comezan a traballar as 11 persoas seleccionadas a través das políticas activas de emprego da Deputación de Pontevedra