Comezamos a repartir entre os comerciantes da Cañiza as bolsas con mensaxe do proxecto provincial “DA TÚA MAN”

  • Unha iniciativa na que participaron 11 Concellos da provincia de Pontevedra ao abeiro do Plan de Recuperación NextGenerationUE financiado por la Unión Europea.
  • Na Cañiza este programa de impulso contou cun investimento de 139.954,77€, dos que o Ministerio aportou o 70%, é dicir, 80.965,57%, a Deputación asumiu o 15% do total e todo o IVE repercutido que ascendeu a 41.639,43€ e o Concello da Cañiza aportou o restante 15% con recursos propios. Un total de 17.349,77€.
  • O reparto das bolsas con mensaxe e a creación dunha web exclusiva para o noso Comercio serán as dúas últimas actuacións deste programa formado por 5 bloques de actuación e 13 iniciativas que teñen por obxectivo transformar e adaptar o pequeño comercio da Cañiza ás dinámicas dixitais e ao comercio on-line.

Segundo avanzou o Alcalde Luis Piña “onte comezamos a repartir entre os 36 establecementos da Cañiza adheridos ao proxecto “DA TÚA MAN”, máis de 26.000 bolsas de plástico, recicladas e de algodón. Un novidoso packaging sostible e reutilizable que ademais de servir para reforzar a imaxe de marca do comercio local, funcionará como soporte para o lanzamento de campañas de sensibilización en relación á economía circular, a través dun código QR impreso no mesmo”.

Os comerciantes están recibindo tres tipos de lotes de bolsas de diferentes tamaños e materiais para servir os seus produtos: de plástico, de algodón e de reciclado compostable.

O Alcalde explicou na presentación desta nova acción, na que tamén estiveron presenten membros da Directiva da Asociación de comerciantes da Cañiza que “con estas bolsas búscase concienciar sobre a importancia de reciclar os materiais e reforzar a imaxe de marca do noso comercio respectuoso co medio ambiente e que potencia o consumo responsable”.

Como novidade, as bolsas levan un código QR impreso onde se poden consultar diferentes campañas de sensibilización que teñen por obxecto mellorar a xestión de residuos ou información con pequenas accións que se poden desenvolver no día a día para contribuír á loita contra o cambio climático.

Esta acción enmárcase no proxecto “DA TÚA MAN” que a Deputación provincial puxo en marcha no 2021 coa intención de visibilizar e modernizar o comercio local e rural para adaptalo aos novos hábitos de consumo.

Ata o día de hoxe, e grazas a este proxecto, na Cañiza se teñen instalado tótems dixitais interactivos para a promoción do comercio local, illas ecolóxicas para a recollida selectiva de residuos, bancadas, posta en marcha de cursos e formacións para os comerciantes, un punto de recollida de paquetería e próximamente implementarase unha nova web exclusiva para o noso Comercio.

 

Comezamos a repartir entre os comerciantes da Cañiza as bolsas con mensaxe do proxecto provincial “DA TÚA MAN”

 

da túa Man