Comezamos a programación cultural de outono cun novo ciclo de TEATRO. Este domingo 2 de outubro coa representación da obra «O tranvía Leonardo»

TEATRO FAMILIAR

DOMINGO 2 DE OUTUBRO, ÁS 17H

AUDITORIO DA CASA DE CULTURA

O Concello da Cañiza comeza a súa programación de outono coa obra de teatro:  O tranvía Leonardo,  da compañía de teatro “Fantoches Baj”.

Nesta ocasión propoñémosvos unha representación de "O tranvía Leonardo" de Fantoches Baj, un espectáculo de narración oral para público infantil e familiar con monicreques e música no que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia... A participación co público é continua durante a representación con trabalinguas e cancións.

Ao rematar a representación, os asistentes recibirán un xogo recortable como agasallo.

Entrada Gratuíta!

Comezamos unha nova temporada de TEATRO DE OUTONO