Coidados Porta a Porta

O servizo asistencial atenderá na Cañiza os días 19, 20, 23 e 24 de maio.

O xoves 19, responsables do servizo impartirán unha charla no Salón de Plenos do Concello, de 10 a 11 da mañá para explicar en qué consiste o programa.

Durante estes 4 días e en horario de 9 a 20h,  no párking do Centro Comarcal Paradanta, persoal especialista prestará gratuitamente os servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a todos aqueles veciños maiores de 55 anos que o soliciten con cita previa.

¿Cómo pido cita?

Chamando ao número de  teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico: 

coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal