Clausuramos o curso de «ofimática e iniciación ao diseño e impresión en 3D» para estudantes de Eso e Bacharelato

O Alcalde Luis Piña clausurou o 2 de agosto esta formación gratuíta de 42 horas lectivas, na que participaron 23 alumn@s ( de 11 a 17 anos de idade), impartido polo profesor Adrián Costas, da empresa KCMFORMACIÓN.

Un curso que comezou o pasado 1 de xullo e que se impartiu os luns, mércores e venres de 10 a 13h nas aulas da Casa de Cultura da Cañiza e que tiña por obxectivo principal que os estudantes puideran mellorar as súas habilidades informáticas para optimizar e realizar con máis seguridade e facilidade as tarefas escolares.

Partes da impresora 3D, materiais para impresión 3D, programas de deseño de impresión 3D, programas de deseño de contidos como power point, canva e prezi e utilización positiva das redes sociais, foron algúns dos contidos impartidos ao longo de toda esta acción formativa.

Dende o primeiro día, o docente priorizou que cada alumno fose capaz de deseñar as súas propias impresións de xeito autónomo, utilizando un programa de deseño libre e accesible a calquera persoa para incentivar a aprendizaxe na casa.

O Alcalde Luis Piña felicitou á directora do curso, Karina Campo e ao persoal docente e sobre todo aos mozos e mozas participantes polo interese amosado nesta formación.

 

Clausuramos o curso de  «ofimática e iniciación ao diseño e impresión en 3D» para estudantes de Eso e Bacharelato

 

Clausuramos o curso de  «ofimática e iniciación ao diseño e impresión en 3D» para estudantes de Eso e Bacharelato