Clausuramos o curso de «BUSCA DE EMPREGO POR INTERNET»

Este mércores o Alcalde Luis Piña fixo entrega dos diplomas de asistencia á formación que comezou o pasado 27 de febreiro.

Un curso gratuíto, enmarcado dentro da programación do Aula CeMit do Concello para este 2023 e no que se impartiron 5 módulos formativos que abordaron entre outros temas, unha introdución á informática e ferramentas básicas para a busca de emprego por internet, elaboración de currículum virtuais e vídeos, xestión de correos electrónicos e aplicacións, navegación por internet, redes sociais e linkedin e busca de recursos de emprego pola web. 

O Alcalde felicitou @s alumn@s por ter asistido a este curso que sen dúbida será unha boa ferramenta para poder buscar novas oportunidades laborais.