O Alcalde entregou este martes os diplomas ás 16 alumnas que participaron nesta formación de 50 horas que comezou o pasado 1 de marzo na Casa de Cultura da Cañiza e que se impartiu todos os martes, mércores e venres de 16 a 20h.
Un curso gratuíto que tiña por obxectivo formar sobre a atención integral no domicilio para poder ofrecer unha mellor asistencia integral aos usuarios e usuarias e axudarlles nas súas tarefas diarias.
A formación impartiuse en 10 módulos xunto cunha avaliación final na que se abordaron as seguintes materias:
- "filosofía de vida independente e proxecto de vida"
- "asistencia persoal, características e metodoloxía"
- "introdución ao modelo de atención integral e centrada na persoa"
- "estratexias e metodoloxía para a atención personalizada"
- "habilidades sociais e comunicación interpersoal"
- "confidencialidade, segredo profesional, legalidade e ética no exercicio da asistencia persoal"
- "fundamento xurídico e legal da figura do asistente persoal"
- "coidado e saúde: primeiros auxilios e prevención"
- "actividade da vida diaria e produtos de apoio" e
- "Plan de vida e Intervención".
Luis Piña felicitou a todos os veciños participantes por ter asistido a este novo curso do Concello así como aos profesores e ao centro de formación .
A todos noraboa.