A Cañiza xa está preparada para realizar a recollida de biorresiduos no casco urbano
O PASADO 14 DE DECEMBRO O ALCALDE RECEPCIONOU UN NOVO CAMIÓN PARA A RECOLLIDA DESTES RESIDUOS ORGÁNICOS (RESTOS DE COMIDA, PLANTAS, FOLLAS, FRORES OU CÉSPEDE).
Segundo comunicou o Alcalde Luis Piña, «A Cañiza xa está preparada para recoller este tipo de residuos no casco urbán, xa que nas parroquias apostamos pola reciclaxe con composteiros individuais. Unha iniciativa que estamos fomentando coa dotación de 130 unidades que se repartirán o vindeiro luns, 19 de decembro, pero que continuaremos impulsando coa adquisición de máis composteiros ».
O pasado 14 de decembro recepcionamos o primeiro camión NON compactador de recollida de biorresiduos que entrará en funcionamento cando esté operativa a nova planta de tratamento biolóxico de Sogama que se instalará no municipio de Arbo, onde se depositarán os residuos que posteriormente serán tratados para transformalos en compost ou biogás.
O Alcalde tamén comunicou que «o Concello xa ten adquiridas 700 unidades de cubos para os domicilios da Cañiza, específicos para depositar esta fracción orgánica», ademáis informou que «levamos un ano de adianto na preparación para este tipo de recollida, xa que a Lei 7/2022 de 8 de abril de Residuos e Solos Contaminados que obriga á reducción dos biorresiduos nun 20% anual, dispón que comezará a aplicarse a finais de 2023», sin embargo «dende o Concello quixemos aproveitar as axudas que existen nestes momentos dos Fondos Europeos, NEXT GENERATIÓN-EU, para estar preparados».
O novo vehículo, que se suma ao parque de maquinaria municipal e ao servizo de recollida de lixo domiciliaria, permitirá ao Concello da Cañiza ser un dos primeiros en cumprir coa nova normativa en materia de Residuos.
A adquisición do camión, cun investimento total de 49.005,00 €, está subvencionada con 30.000€ pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, a través das axudas europeas para desenvolver actuacións en materia de Biorresiduos de competencia municipal. Cofinanciada tamén pola Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos 2022 cunha axuda de 15.203,75 €uros e con fondos propios do Concello por un importe de 3.801,25€.
A empresa VEHICULOS, EQUIPAMIENTOS Y CARROCERIAS PRIETO-PUGA S.L foi a adxudicataria do subministro deste contrato.
O novo camión de recollida de biorresiduos conta con elevacontedor de 2 e 4 rodas (ata 1100 litros) para unha capacidade de carga de 4 m3 . Con consumo ao 50% de Gasolina e Bi-Fuel GLP con etiqueta ECO, non leva compactador xa que o residuo orgánico non pode comprimirse para poder optimizar a súa transformación en compost.