
III Edición, organizada polo CLUB BALONMÁN CAÑIZA, en colaboración co Concello, a Asociación de Comerciantes e a Asociación de Hostalería.
- Pese ás altas temperaturas da xornada, a diversión e as ganas de festa volveron a imporse, batendo novo récord de participación: máis de medio millar de persoas disfrazadas e moitos máis veciños e visitantes.
- O concurso de disfraces con 1.500€uros en premios e agasallos para o mellor pincho gastronómico do entroido, o mellor balcón engalanado e o mellor escaparate, volveron a encher as rúas da Cañiza de colorido, son musical e sobre todo moitas ganas de pasalo ben.
- Así o atestiguaron os participantes e visitantes a esta nova edición estival.
Unha festa que comezou xa pola mañá coa benvida por parte do Presidente do CB Cañiza e do Alcalde Luis Piña e a lectura do pregón da man do actor PEPO SUEVOS que ás 13h iniciou de xeito oficial o "Entroido de Verán". Pero antes, os máis pequenos xa tiñan diversión con inchables e obradoiros con pintacaras na Praza Maior.
A xornada estivo amenizada pola Charanga IMPERIAIS, encargada de por música e alegría na sesión vermú, percorrendo as rúas do centro da Vila.
Ás 19:30h comezou o desfile e o concurso de disfraces, coa participación de máis de 500 persoas entre comparsas e disfraces individuais.
Os premios consistiron en 1500€ en bonos para canxear nos establecementos da Cañiza. Premios financiados polo Concello, xunto a outros 1.000€ máis destinados a sufragar parte dos gastos da organización do evento.
Disfraces gañadores na categoría de Comparsa
- 1º Premio, dotado con 700€ para a comparsa “RESIDENCIA A TRES METROS DE SAN PEDRO”
- 2º Premio de 300€ para a comparsa “ BALNEARIO AUGAS FÉRREAS, SPA E RESORT”
- 3º Premio de 150€ para a comparsa “NON ME TOQUES NA HORTA”
Disfraces gañadores na categoría individual
- 1º Premio, dotado con 200€ para o disfraz “MALEFICA”
- 2º Premio de 100€ para o disfraz “ VIKINGOS”
- 3º Premio de 50€ para o disfraz “FESTIVAL DE CANS”
Premios Especiais
Ademáis o gañador do concurso de pinchos de entroido recaeu no establecemento “O Chiringuito da Avoa”quen recibiu un recoñecemento por parte da organización. O premio para o mellor balcón conseguiuno Paco Lorenzo cun agasallo de 1 noite para dúas persoas na Finca Briabí e o mellor escaparate foi parar á ferretería “Bricobas”, dotado tamén cun premio dunha noite para dúas persoas no hotel “A Rectoral”.
A partires das 22:00 h comezou a PARTY NIGHT, con sesión Dj na Praza Maior, amenizada por Diego Mei, DJ Charlie e TRAFFIC HOUSE que fixeron vibrar, saltar e bailar ao público asistente ata altas horas da madrugada.
Dende o Concello, un ano máis o Alcalde, que participou conxuntamente co Presidente do Club na entrega de premios, agradeceu o esforzo e traballo desenvolvido polos organizadores e colaboradores do «Entroido» e felicitounos polo innegable éxito acadado.
Agradecemento extensivo tamén a todos os participantes e público que decidiu acompañarnos na tarde noite deste caluroso sábado.
Noraboa a todos e grazas por continuar traballando e apostando por A Cañiza!.
Galería multimedia


















































