A Cañiza volve a celebrar o seu entroido co «Concurso de Comparsas» que congregou este domingo a centos de veciñ@s e case 200 participantes na rúas do Centro.

  • Coa participación de 4 comparsas infantís e 4 comparsas na categoría de adulto, o entroido volveu a celebrarse na Cañiza despois de 2 anos de parón debido á crise sanitaria provocada pola COVID
  • Este domingo, 19 de febreiro, volvemos a sentir o humor, a orixinalidade e creatividade, o ritmo e as ganas de festa nunha gala presentada pola xornalista Amparo Rodríguez Ojea.
  • O Alcalde Luis Piña agradeceu na súa intervención a participación de todos os membros das comparsas e os felicitou por contribuir a facer máis grande esta festa de todos. Tamén agradeceu a presenza do público e a colaboración dos empregados do Concello na tarde do domingo, especialmente ao departamento de cultura e de obras. Tamén agradeceu o traballo realizado polo Xurado desta nova edición formado polos deseñadores cañicenses Cristobal Vidal e José Castro, polo Director da Escola de Teatro Patricio Mango e o Director da Escola de Música Diego Paín.
  • Na tarde de onte, Luns de Entroido, os pequenos tamén puideron gozar dunha festa especial para eles na Casa de Cultura da Cañiza, con espectáculo musical, agasallo, photocoll e merenda.

 Este 19 de febreiro, domingo de entroido, as comparsas da Cañiza se achegaron ata a Carballeira do Cacharado para participar no concurso que, un ano máis, luciu cun grande nivel de orixinalidade, humor e posta en escea na rúa Antonio Facorro.

Grazas á tarde soleada, os compoñentes das 8 comparsas puideron exhibirse diante dos veciños e do xurado, para competir polos premios que en total estaban dotados con 2300€uros repartidos en 500€, 300€, 200€ e 150€ para os primeiros, segundos, terceiros e cuartos premios respectivamente de cada categoría de infantil e adultos.

O xurado presidido por Cristobal Vidal, acordou entregar os premios ás seguintes comparsas:

1º Premio adultos: CLASSIC CIRCUS (composta por mulleres procedentes do Centro Esclavas Dolorosas de Crecente que participaban dentro dun programa de integración social e que coa súa  alegría e desenvoltura emocionaron a todo o público)

2 º Premio adultos: JHUASAP DE BARRIO

3º Premio adultos: MISIÓN ESPACIAL CHUSQUIÑO 23

4º Premio Adultos: AS ESTRELAS DE JALISIA

1º Premio Infantil: MAKBUT, A FORZA RESIDE EN NÓS

2º Premio Infantil: NOS VAMOS DE PARY

3º Premio infantil: PROCURA DOS EXTRATERRESTRES

4º Premio infantil: PODRIDAS PERO SABROSAS.