A Cañiza promociona dende onte a súa oferta gastronómica en «XANTAR», con stand propio e tamén con presenza no escaparate do GDR do Condado e A Paradanta.

NO  23º SALÓN INTERNACIONAL DE TURISMO GASTRONÓMICO QUE SE CELEBRA EN OURENSE DO 9 AO 13 DE NOVEMBRO.

  • Dando a coñecer aos visitantes os activos gastronómicos da Cañiza, abanderados polo xamón xunto cos cocidos, os viños da zona e os nosos produtos tradicionais como a tetilla, a mel e o chocolate.
  • O sábado teremos un espazo especial no Certame, de 19h a 20h para divulgar e presentar a nosa gastronomía baixo o titulo FESTA DO XAMON.

 

 Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico acreditada da Península Ibérica, cita ineludible para o Concello da Cañiza.

Un ano máis estamos presentes nesta nova edición co xamón da Cañiza acompañado dos viños da nosa zona. EIDO DA FONTE  de Valeixe e  ABELÁN  de Foxo-Pintelos, pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas e os caldos da ADEGA TORGO de Parada cos seus dous viños ecolóxicos de variedade albariña.

Xuntos, crearán en Xantar a maridaxe perfecta co xamón, os queixos elaborados na Cañiza da casa «Castro Xaneiro», o mel dos apicultores Inocencio López,   Antonio Sendín e Rogelio Rodríguez e os chocolates tradicionais da casa “López”.