A Cañiza presente xunto cos Concellos do Condado e Paradanta na Feira Internacional de Turismo « FITUR 2024 » que se celebra estes días en Madrid.
O Alcalde Luis Piña xunto cos Alcaldes e Alcaldesas dos 10 Concellos das comarcas do Condado e A Paradanta presentaron este xoves en Madrid, no stand de Galicia en FITUR, a campaña do xeodestino enogastronómico "Esencias e Sabores!", na que A Cañiza tamén estivo presente co seu afamado xamón.
Unha importante oportunidade para dar a coñecer os grandes activos turísticos e gastronómicos do noso Concello.
Unha cita ineludible no calendario das mellores promocións turísticas de España, na que da man do noso Alcalde, A Cañiza e a súa gastronomía tamén tiveron un lugar destacado.