A CAÑIZA INAUGURA A 6ª TEMPADA DO «COCIDO CAÑICENSE»

Do 27 de outubro ao 2 de novembro – Semana promocional nos restaurantes locais

 

A Cañiza celebra unha nova edición do Cocido Cañicense, que chega á súa sexta tempada como un dos eventos máis destacados do outono.

O Alcalde Luis Piña presentou esta mañá no restaurante Os do Resero, a nova tempada acompañado da Concelleira Eva Rivas e do Alcalde de O Carballiño, Francisco Fumega, e o Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, nun acto que destaca a cooperación institucional e a importancia da gastronomía como eixo de promoción turística.

Durante a semana do 27 de outubro ao 2 de novembro, a hostalería local servirá o tradicional cocido cañicense, un prato que forma parte da identidade culinaria da vila e que se pode degustar todo o ano, especialmente na época do frío.

“O tempo de frío é tempo de cocido”, lembrou o Alcalde, poñendo en valor o esforzo e a implicación dos hostaleiros e adegas locais.

O cocido é parte esencial da identidade culinaria da Cañiza. Un prato que mantén vivo o espírito da cociña tradicional galega, elaborado de maneira artesanal con produtos da terra e o coidado propio das receitas de sempre. Cada plato fala de historia, das familias e da trasmisión desta tradición culinaria de xeración en xeración.O Cocido Cañicense é unha mostra desta cociña, preparado con chourizos de cebola e de carne, fuciño, rabo, orella, cacheira, lacón, touciño, costela, pito, carne de vacún, patacas, fabas, garavanzos, cenorias e verdura ou repolo.

Acompáñase de caldo servido en tazón, sobremesa de arroz con leite ou leite frita e cafés, todo maridado cos viños da D.O. Rías Baixas das adegas locais Eido da Fonte e Abelán.

Na presentación, o Alcalde destacou a necesidade de reservar mesa con antelación nos establecementos adheridos a esta semana promocional:Os do Resero, Eido do Monte, Arela, Hammond, Chiringuito da Avoa, Xamonería Xatomé, Área de Servizo, Bar Piri Piri, Casa Eligio e O Noso Bar.

Este ano tamén se mantén a iniciativa da tempada 2024 de agasallar a cada comensal que goce dun menú de cocido nesta semana promocional, cunha rifa para participar no sorteo de 30 noites de hotel para dúas persoas nos establecementos do municipio.

O sorteo celebrarase o 14 de novembro, unha iniciativa coa que o Concello quere recoñecer a fidelidade dos visitantes e impulsar o turismo de proximidade.

“Queremos que o Cocido Cañicense sexa tamén unha oportunidade para descubrir A Cañiza, a súa gastronomía, as súas adegas e as súas rutas de sendeirismo, que nesta época do ano acadan unha beleza especial”.

Na presentación o Alcalde Luis Piña agradeceu a presenza dos seus homólogos e puxo en valor a cooperación institucional que une a A Cañiza, O Carballiño e Tui, tres concellos que comparten compromiso coa promoción do territorio e co mantemento das súas tradicións, tanto gastronómicas como relixiosas e culturais.

O Alcalde destacou tamén as semellanzas entre A Cañiza e O Carballiño, dous concellos pioneiros na promoción do turismo gastronómico a través das súas coñecidas festas do Xamón e do Polbo, celebradas tradicionalmente en agosto, e agradeceu a primeira visita institucional do Alcalde de Tui.

Intervención do Alcalde de O Carballiño, Francisco Fumega:

“Quero felicitar, un ano máis, ao Concello por esta iniciativa emprendedora e impulsora da economía local a través da súa gastronomía. Animo tamén ao alcalde, Luis Piña, a continuar traballando nesta liña de promoción dos nosos produtos locais, que son un orgullo para toda a veciñanza e un motor fundamental para o desenvolvemento do noso municipio.”

Intervención do Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro:

“Agradezco ao alcalde Luis Piña por darme a oportunidade de participar nesta presentación. Os alcaldes temos o deber de promocionar os nosos territorios e debemos colaborar e complementarnos e ésta é unha excelente oportunidade para amosar esa cooperación entre concellos e poñer en valor o que nos une.”

Para pechar o acto, o Alcalde da Cañiza expresou o seu agradecemento aos hostaleiros, adegas e veciños que fan posible cada ano esta iniciativa:

“Grazas a todos os que colaboran para manter viva esta tradición”.

“O Cocido Cañicense é máis ca un prato: é unha maneira de celebrar o noso, de compartir mesa e de atraer visitantes á nosa vila”.

“ Invitamos a todos e todas a achegarse á Cañiza e a gozar desta nova tempada que comeza o vindeiro 27 de outubro.”

 

Restaurantes participantes

(Recoméndase reservar por teléfono. Os prezos poden variar segundo o establecemento.)

  • Restaurante Os do Resero – 986 652 431
  • Restaurante Eido do Monte – 607 812 201
  • Restaurante Arela – 608 727 766
  • Restaurante Hammond – 624 427 211
  • Chiringuito da Avoa – 986 651 399
  • Xamonería Xatomé – 886 216 744
  • Área de Servizo – 986 652 369
  • Bar Piri Piri – 609 325 332
  • Casa Eligio – 986 651 047
  • O Noso Bar – 886 031 275
A CAÑIZA INAUGURA A 6ª TEMPADA DO «COCIDO CAÑICENSE»

 

A CAÑIZA INAUGURA A 6ª TEMPADA DO «COCIDO CAÑICENSE»

 

A CAÑIZA INAUGURA A 6ª TEMPADA DO «COCIDO CAÑICENSE»