A Cañiza e Covelo poñen en marcha o Programa CLARA para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero
Os Alcaldes da Cañiza, Luis Piña, e de Covelo, Pablo Castillo, presentaron esta mañá o Programa CLARA, unha iniciativa conxunta dos dous concellos dirixida a promover a igualdade e previr a violencia de xénero mediante un servizo municipal integral e compartido.
O programa contará cun equipo multidisciplinar de profesionais nas áreas de dereito, psicoloxía, terapias e igualdade. Desenvolverase intensamente durante os meses de agosto e setembro, e inclúe actividades de atención psicolóxica e xurídica, orientación laboral, saúde e benestar, así como accións de sensibilización en igualdade.
O Programa CLARA está financiado cunha axuda de 20.559,96 € concedida pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027. O Programa foi adxudicado á empresa RED TALENTO CONSULTORAS SL, con ampla experiencia en proxectos similares en 17 municipios galegos.
ATENCIÓN XURÍDICA E PSICOLÓXICA GRATUITA
O servizo estará dispoñible todos os xoves en horario de 9:00 a 15:00 horas, con cita previa.
- A Cañiza: Edificio Multiusos, 1º andar
- Covelo: Centro de Maceira
- Teléfonos e WhatsApp para cita: 606 118 853 / 687 227 495
- Está dirixido a mulleres e persoas que dependan delas, con garantías de privacidade e gratuidad.
Servizo de atención psicolóxica:
- Estrés, ansiedade, autocoidado, orientación familiar
- Apoio emocional e saúde mental
Servizo de atención xurídica:
- Asesoramento en temas penais, civís ou administrativos
- Mediación e resolución de conflitos
- Apoio en casos de violencia de xénero, acoso, discapacidade, nacionalidade, extranxeiría, etc.
- Novidade: Realización de CV por competencias con IA, atención individual e traballo grupal posterior
ACTIVIDADES FORMATIVAS E DE SENSIBILIZACIÓN
Ao longo de agosto e setembro, desenvolveranse múltiples actividades, entre elas:
Saúde e Benestar:
- Charla inaugural sobre “Saúde mental e emocional. Escoitar, entender, sanar”
- Mindfulness e autocoidado
- Movemento psicosomático, biodanza e chi kung
- Alimentación antiinflamatoria e centrada na menopausia
- Alimentación sanadora
Formación en igualdade:
- Curso “300 anos de Feminismo”, perspectiva histórica e filosófica
- Debate: “Turbulencias do feminismo”: ventres de aluguer, trata, prostitución
- "Un café con Clara": debate sobre moda e liberación femenina
Tecnoloxía e empregabilidade:
- Curso básico de Intelixencia Artificial:“IA e Algoritmos: quen toma as decisións?”
Inclúe prácticas con IA xerativa (ChatGPT, Copilot, Gemini…) - Orientación laboral con IA:
- Realización de CV
- Análise de nichos de emprego
- Simulación de entrevistas
- Plans de negocio con IA
- Curso de Violencia de xénero (8 horas) con diploma de asistencia
Actividades STEM:
- "Voando Xuntas", actividade con drons dirixida a promover as carreiras tecnolóxicas entre as nenas.
PROTOCOLOS CONTRA O ACOSO NOS CLUBES DEPORTIVOS
Na última semana de agosto ou primeira de setembro, convocarase unha xuntanza cos directivos/as dos clubes deportivos co obxectivo de crear un grupo de traballo para a elaboración dos Protocolos contra o Acoso.
Para máis información, citas ou participación nas actividades, poden contactar a través dos teléfonos facilitados.