A Cañiza da a benvida ao NADAL este sábado, 14 de decembro, co acendido das luces e do árbol da PRAZA MAIOR
Ás 20:30h e se o tempo acompaña, servirase tamén unha «chocolatada cañicense» para celebrar o inicio das festas navideñas.
Igual que estes anos pasados, o encargado de iluminar as nosas rúas, espazos públicos e lugares do municipio será Iluminaciones Ximénez, empresa líder a nivel nacional nas decoracións de Nadal.
Despois do acendido do alumeado que terá lugar ás 8 e media da tarde e se o tempo o permite, o Concello servirá na Praza Maior unha «chocolatada cañicense» coa que se inaugurarán as festas navideñas.
As luces estarán acendidas ata despois de Reis.
Mañá venres, o Concello difundirá tamén a Programación de Nadal.
Estades todos convidados á conta atrás e á chocolatada !