
DNI e pasaporte en solo dez minutos a través das furgonetas VIDOC ( Vehículos Integrales de Documentación)
Así o adiantou o Alcalde está mañá despois da reunión mantida coa Inspectora Xefa da Secretaría Xeral da Comisaría de Vigo-Redondela, dona Esther Arén Vidal. Próximamente, unha das novas unidades itinerantes visitará A Cañiza cada 15 días, podendo atenter ata 30 persoas ao día e ofrecendo a posibilidade de renovar o DNI e o pasaporte en 15 minutos, acortando unha xestión que ata o de agora precisaba de dous días.
Como funcionan?
O servizo móbil de documentos da Policía Nacional non é novo para A Cañiza, xa que ven ofrecendo este servizo dende hai dúas décadas, pero nuns meses estará en disposición de incorporar importantes melloras coas novas furgonetas que permitirán axilizar a expedición do DNI e tamén do pasaporte en apenas 10 minutos, polo que os nosos veciños non necesitarán pasar polos trámites habituais ata o de agora nas unidades móbiles: un día para a pegada e un día para a entrega.
A segunda novidade é a posibilidade de expedir tamén pasaportes, ata o de agora limitados a comisarías, polo que as Vidoc facilitarán e igualarán en posibilidades aos núcleos poboacionais que non dispoñen de infraestruturas de Policía Nacional.
As novas unidades prestarán Servizo na Cañiza nos vindeiros meses, nas datas que facilitaremos a través das nosas redes sociais e web oficial.
Segundo comentou o Alcalde Luis Piña, o Concello continuará confeccionando a relación de veciños citados.
Como curiosidade solo no ano 2024 o Servizo de renovación do DNI rural realizou na Cañiza máis de 500 DNIs.