
Evento organizado polo Clube Balonman Cañiza coa colaboración da Asociación de Comerciantes, dos Hostaleiros e do Concello da Cañiza.
Unha festa que se iniciou xa pola mañá con hinchables, obradoiros e xogos populares para os máis pequenos, instalados e habilitados nunha zona infantil na Praza Maior.
Ás 12h comezou o acto coa benvida do Alcalde Luis Piña. A continuación interviron Sergio Cobas, como representante do Comercio Local, Ismael Lago, en representación do clube balonman Cañiza e o deseñador Cristobal Vidal, pregoeiro deste primeiro Entroido de Verán. Tamén estivo presente o Deputado do Goberno da Deputación de Pontevedra Santos Héctor.
A Charanga Noroeste iniciou a sesión vermú amenizando a xornada na Praza Maior e nas rúas da Cañiza.
O desfile de disfraces comezou pasadas as 7 da tarde. Con saída dende a Carballeira do Cacharado e amenizado novamente pola Charanga do Noroeste, unha morea de participantes desfilaron ata a Praza Maior para competir no concurso de disfraces.
A festa reanudouse as 23h coas actuacións do Dúo Cerbatana Show Latino e sesión DJ con Javi Moore e Diego Mei.
O Alcalde felicita aos organizadores e colaboradores do evento así como aos gañadores e a todos os participantes e asistentes.
Galería multimedia



















