A Cañiza celebrou este domingo o seu «CONCURSO DE COMPARSAS» que un ano máis conseguiu reunir a mais de 300 participantes na rúas do centro.

  • Coa participación de 6 comparsas na categoría de adultos e 2 comparsas infantís, este domingo, 2 de marzo, as rúas da Cañiza volveron a encherse de  humor, orixinalidade e creatividade, nun concurso organizado polo Concello que contou cun xurado de alto nivel.
  • O Alcalde  abriu a gala dando a benvida a todos os participantes, veciños e visitantes e agradeceu o compromiso coas nosas tradicións adquirido por todos os membros das comparsas. Máis de 300 persoas ás que Luis Piña felicitou por contribuir a facer máis grande esta festa de todos. 
  • Tamén agradeceu a presenza do público e a colaboración dos empregados do Concello na tarde do domingo, especialmente ao departamento de cultura, obras e policía local así como o traballo realizado polo Xurado desta nova edición formado polo artista, pintor e escultor Diego de Giráldez, o deseñador de moda Cristobal Vidal, a productora, directora e actriz Marta Pérez e o profesor da Escola de Música Agustín Domínguez.
  •  Unha gala presentada por Edi FM.
  • Os pequenos tamén poderán gozar hoxe pola tarde dunha festa especial na Casa de Cultura da Cañiza, con espectáculo musical, agasallo, photocoll e merenda.

Este 2 de marzo, domingo de entroido, as comparsas da Cañiza se achegaron ata a Carballeira do Cacharado para participar no desfile polas rúas da vila e no concurso que, un ano máis, luciu cun gran nivel de orixinalidade, humor e posta en escea na rúa Antonio Facorro.

Grazas á tarde soleada, os compoñentes das 8 comparsas puideron exhibirse diante dos veciños e do xurado, para competir polos premios que en total estaban dotados con 2300,00 € repartidos en 500€, 300€, 200€ e 150€ para os primeiros, segundos, terceiros e cuartos premios respectivamente de cada categoría de infantil e adultos.

 

O xurado acordou entregar os premios ás seguintes comparsas:

  • 1º Premio adultos:  “En Oroso viven como reinas”
  • 2 º Premio adultos: “Springfield invade A Cañiza”
  • 3º Premio adultos:  “Paxaretada na Cañiza”
  • 4º Premio Adultos: “Barbieland”
  • 1º Premio Infantil: “Por un amor eterno”
  • 2º Premio Infantil:  “Chusquilego”

Noraboa a todos e grazas por participar.