A Cañiza acolle este domingo o II TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DA CAÑIZA, organizado polo clube ciclista «Grupeta Pan De Zarco - A Cañiza».

  • O Trofeo está incluido dentro da Copa Galicia de Ciclocross e será puntuable para o ránking de ciclocross da Real Federación Española de Ciclismo.
  • O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, presentou o xoves  esta II edición acompañado de Tito Ramírez e Juan Carlos Muñoz, membros da directiva do clube ciclista e do Presidente da Federación de Ciclismo de Galicia, Juan Carlos Muñiz e do Seleccionador Galego de Ciclismo, Alberto del Río.
  • Ata o momento están inscritos 240 participantes que competirán a partires das 9.30 polos primeiros postos no circuito habilitado no «Campo de Fútbol de Augas Férreas e a zona do Balneario».

 

O circuito de 2.500m, preparado nas instalacións do Campo de Fútbol de Augas Férreas e a zona do Balneario, conta cun box de material individual e unha zona de lavado de bicicletas e un máximo de 2 obstáculos artificiais. Ademáis conta cunha zona de chamada e saída anexa á saída e meta, un posto de primeiros auxilios e a zona de Podium.

A proba está aberta para as categorías de ELITE-SUB23 masculino e feminino; JUNIOR masculino e feminino; CADETE masculino e feminino; MASTER 30/40/50 feminino  e  MASTER 30/40/50/60 masculino.

Ademáis este ano por primeira vez, se realizará unha proba de promoción aberta para a categoría infantil que inclúe aos nenos nados entre os anos 2010 e 2011.

Na presentación o Alcalde Luis Piña agradeceu a colaboración das empresas da Cañiza SAEPLAST, Galimetal, Transportes González, Specialty Marine Products And Ventures, Reciclados Plásticos A Cañiza, Queixos “Castro Xaneiro” e tamén á entidade bancaria ABANCA.

 

II Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza. 12 de novembro de 2023