As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitaron A Cañiza este domingo 4 de xaneiro, enchendo as nosas rúas de ilusión, maxia e repartindo 300 kilos de caramelos entre o público asistente.
- A tradicional chegada dos Reis Magos tivo lugar na tarde do día de onte, dando inicio á súa visita oficial ao municipio. As Súas Maxestades estiveron acompañadas por unha vistosa Comitiva Real, caracterizada pola súa animación e colorido, organizada polo grupo de especialistas “Hípica Celta”.
- Os nenos e nenas da Cañiza, así como de concellos limítrofes, gozaron dunha xornada especialmente emotiva, na que tiveron a oportunidade de trasladar persoalmente os seus desexos e peticións a Melchor, Gaspar e Baltasar.
- Así mesmo, o Concello distribuíu máis de 300 quilos de caramelos ao longo de todo o percorrido da Cabalgata e organizou unha tirada de fogos artificiais para iluminar a chegada da Comitiva Real ao Auditorio.
Ás 18:30 horas do día 4 deu comezo a Cabalgata Real, que simbolizou a chegada oficial dos Reis Magos á Cañiza. A Comitiva Real foi anunciada por 5 músicos de batucada e estivo integrada polas tres carrozas reais, ademais de zancudos, inchables e patinadoras, todos eles pertencentes á empresa “Hípica Celta”.
A animación da Cabalgata percorreu as principais rúas da vila durante dúas horas e tivo un custo de 6.776,00 €. A este importe sumáronse 1.650,00 € destinados á adquisición de caramelos e outros 605,00 € en material pirotécnico.
Unha vez finalizado o desfile, e tras unha vistosa tirada de fogos artificiais a cargo da pirotecnia local de Santa Cristina de Valeixe, as familias participantes accederon ao Auditorio da Casa da Cultura da Cañiza, onde se celebrou a tradicional recepción aos máis pequenos para a entrega das súas cartas ás Súas Maxestades.
Con anterioridade á celebración da Cabalgata, os Reis Magos e os seus paxes, acompañados polo Alcalde da Cañiza, Luis Piña, e Concelleiros de Goberno, realizaron un percorrido polas parroquias do municipio e visitaron as residencias de maiores de Valeixe e da Cañiza.
Tras o remate da Cabalgata, o Alcalde expresou o seu agradecemento ás Súas Maxestades pola súa visita, e tamén recoñeceu a colaboración da Policía Local e do persoal municipal, cuxo traballo resultou fundamental para garantir a seguridade e o correcto desenvolvemento do evento.
Ademáis, como ven sendo tradición, o Alcalde achegouse hoxe ata as residencias da Cañiza e de Valeixe e ao Centro de Día Anxo para agasallar aos seus beneficiarios con pasteis de Nadal.
Galería multimedia