As celebracións previas á Cabalgata de Reis comezaron sobre as 14:00h do sábado 4 de xaneiro, coa visita das súas Maxestades e os seus paxes á Casa Consistorial.
Dende aquí, a Comitiva Real, acompañada polo Alcalde da Cañiza Luis Piña, percorreu todas as parroquias da Cañiza, facendo unha parada especial nas residencias de maiores de Valeixe e A Cañiza.
Nestes centros así como no Centro de Día Anxo, o Concello agasallou a todos os maiores con Doces de Reis, como ven sendo tradición nestas Festas.