- As Súas Maxestades de Oriente comezaron a súa tradicional visita de Reis na Cañiza o sábado 4 de xaneiro.
- Acompañados por unha espectacular Comitiva Real chea de cor e animación a cargo do grupo de Especialistas “Hípica Celta”.
- Os nenos e nenas da Cañiza e de concellos limítrofes, disfrutaron dunha tarde máxica na que puideron pedir os seus regalos e desexos a Melchor, Gaspar e Baltasar.
- Ademáis o Concello repartiu máis de 300 quilos de caramelos durante o percorrido por todas as rúas da Cañiza e iluminou a chegada da Comitiva Real ao Auditorio con fogos de artificio.
A Cabalgata Real comezou ás 18:30h.
O Concello sufragou todos os gastos da Comitiva Real que acompañou aos Reis Magos na súa visita pola Cañiza. Ás tres carrozas dos Reis sumáronse músicos, zancudos, cabalos e camelos, maniquís, malabaristas e cabezóns inchables e patinadoras mariposas. Todos eles membros da empresa “Hípica Celta”.
A Cabalgata, que percorreu as principais rúas da vila, tivo unha duración de 2 horas, durante as que se repartiron entre a multitude asistente máis de 300 quilos de caramelos.
Ao remate da Cabalgata, e tras unha colorida tirada de fogos artificiais a cargo da pirotecnia local de Santa Cristina de Valeixe, as familias asistentes puideron entrar no auditorio da Casa da Cultura da Cañiza para que os máis pequenos fixeran entregas das súas peticións ás Súas Maxestades na tradicional recepción aos máis cativos.
Previamente á Cabalgata, as súas Maxestades e os seus paxes, acompañados polo Alcalde, percorreron as parroquias da Cañiza e visitaron as residencias de maiores de Valeixe e A Cañiza.
O Alcalde agradece ás Súas Maxestades a visita, así como a colaboración da Policía Local e dos demais empregados do Concello nas súas labores de seguridade e acompañamento.