Cabalgata de Reis 2022

As Súas Maxestades De Oriente visitarón onte A Cañiza no seu percorrido por todas as vilas e cidades do mundo.

 

Os Reis Magos e a súa comitiva percorreron repartindo caramelos a ritmo de batucada as rúas da nosa vila para que todas as nenas e nenos os puideran saudar.

 Antes do percorrido pola Cañiza as súas Maxestades visitaron por segunda vez todas e cada unha das parroquias do noso concello.

As Maxestades de Oriente tamén estuvieron cos nosos maiores nas residencias da Cañiza.

Os Reis Magos desexáronlle á Cañiza, especialmente aos mais cativos, moita saúde e felicidade para este ano 2022.