AVISO IMPORTANTE: suspensión da Sardiñada do 24 de agosto na Carballeira do Cacharado
Infórmase aos veciños e visitantes que queda suspendida a actividade prevista para o domingo 24 de agosto, coa que se pechaban as celebracións da Feira do Xamón:
A tradicional Sardiñada na Carballeira do Cacharado.
A decisión tomouse logo de consultar, a última hora desta mañá, varias fontes meteorolóxicas fiables (AEMET, MeteoGalicia, ElTiempo.net e Meteored), que a menos de 72 horas do evento, anuncian chuvia para esta xornada.
Ao tratarse dunha actividade ao aire libre, e co obxectivo de evitar unha mala organización e non poder garantir a comodidade das persoas asistentes, vémonos na obriga de cancelar a celebración.
Así mesmo, para evitar as perdas económicas derivadas da compra das sardiñas e do churrasco, cuxos provedores nos daban de marxe só ata hoxe ás 15h, foi necesario adoptar a decisión con antelación.
Ademáis, nestas condicións meteorolóxicas, non se podería garantir a actividade infantil da Festa da Escuma nin os inchables, xa que a baixada de temperaturas e a presenza de chuvia farían que os nenos e nenas pasasen frío.
Informamos tamén que o Concello devolverá na Biblioteca Municipal as reservas ás personas que xa abonaron as mesmas.
Somos conscientes de que esta previsión meteorolóxica podería variar nas últimas horas e non cumplirse a previsión actual, polo que, en caso de mellorar o tempo, pedimos disculpas por anticipado.
Agradecemos a comprensión de todas as persoas que tiñan previsto participar e lamentamos as molestias que esta suspensión poida ocasionar.