Avanzan a bo ritmo as obras de reforma do Campo de Fútbol de Augas Férreas

  • Unha actuación cun investimento total de 602.421,61€,  adxudicada o pasado 16 de maio á empresa PRACE, SERVICIOS Y OBRAS, S.A. ,quen iniciou as obras o día 25 de maio, comezando coa retirada de todo o céspede do campo de xogo.
  • O Alcalde Luis Piña visita as obras acompañado do Director do proxecto de reforma, Julio Calderón, da empresa Calderon&Asociados, da responsable de zona da constructora, Ana Comesaña e da súa xefa de obra, Sara Fariña.

Nesta visita o Alcalde pudo comprobar como xa está cambiado todo o céspede sintético do terreo de xogo, en 6.786 metros cadrados de superficie. Tamén están rematadas as zapatas das 4 torretas de luz que flanquearán o campo, cambiado o sistema de rego e mellorado un dos viais de acceso. Ademáis está rematada unha pequena zona de adestramento, que se habilitou no lateral dereito do campo, para o que se aproveitou o céspede retirado que estaba en mellores condicións de uso.  Luis Piña manifestou que as obras avanzan segundo as previsións.

A reforma conta con dúas subvencións da Deputación provincial. Unha axuda de 479.948,21€, concedida a través do Plan PON30, aprobada polo Pleno da Deputación o  23 de xuño de 2023 e unha segunda subvención do Plan +Provincia 2024 de 150.970,34€.  Ambas axudas permitiron que o Concello non teña que aportar ningún recurso propio.

Ademáis, segundo explicou o Alcalde nesta visita, “a reforma contaba cun investimento inicial de  599.935,27 € para a execución da obra, pero na licitación, a empresa adxudicataria presentou unha baixa a favor do Concello de 28.496,93€. Esta cantidade será destinada tamén a realizar outras melloras no campo”.

 

Avanzan a bo ritmo as obras de reforma do Campo de Fútbol de Augas Férreas

 

Avanzan a bo ritmo as obras de reforma do Campo de Fútbol de Augas Férreas

 

Avanzan a bo ritmo as obras de reforma do Campo de Fútbol de Augas Férreas