Avanzan a bo ritmo as obras de reforma da piscina climatizada da Cañiza

O ALCALDE LUIS PIÑA VISITOU AS INSTALACIÓNS ACOMPAÑADO POLOS TÉCNICOS DE CIVIS GLOBAL, S.L.U, ENCARGADOS DESTA REHABILITACIÓN QUE COMEZOU O PASADO MES DE ABRIL

A obra, cun investimento total de 742.747,95€, está financiada pola Deputación Provincial con 689.048,95€ do plan de infraestruturas REACPON Reacciona Pontevedra e o Plan Concellos 2022-2023.

 

A un mes do inicio das obras de REHABILITACIÓN ENERXÉTICA DA PISCINA MUNICIPAL,  xa se están rematando as actuacións desenvolvidas sobre as dúas cubertas da instalación. A cuberta inclinada e a plana que suman un total de 1500 m2. Unha obra que mellorará o sistema de climatización da piscina, actuando en todo o tellado para acadar un maior aislamento térmico e reducción de consumos de enerxía.

As obras comezaron o pasado 26 de abril coa retirada da antigua cuberta e dos  paneis solares existentes para proceder á instalación dunha nova estructura de chapa e recolocación dos paneis térmicos que aínda que xa están instalados, falta conectalos.

Na cuberta inclinada, nun total aproximado de 900 m2, retirouse o panel de chapa e o de policarbonato e na cuberta plana de 800 m2, se retiraron todos os elementos existentes, a grava, o aislamento e as láminas impermeabilizantes que presentaban un avanzado estado de deterioro.  Nestes días a empresa está traballando na colocación e impermeabilización das mesmas, incluindo a realización dunha proba de estanqueidade, enchendo a cuberta con auga para comprobar a súa efectividade.

En paralelo tamén se está executando a estrutura de peche do vaso pequeno da piscina que permitirá incluir neste espazo unha sala polivalente de máis de 200 m2.

Ademáis  se retiraron os antiguos elementos de gas-oil de producción de calor da sala técnica e se preinstalaron as novas caldeiras de pelets, avanzando tamén na instalación do silo. Outra actuación que permitirá mellorar a eficiencia enerxética e reducir os consumos.

As obras avanzan a bo ritmo o que permitirá que nos primeiros meses de 2023 a instalación poida abrirse completamente renovada.