O Alcalde Luis Piña fixo entrega esta mañá dos diplomas acreditativos ao alumnado do curso de alfabetización informática e dixital organizado polo Concello a través da súa Aula CEMIT.
Esta formación de 40 horas de duración, que se desenvolveu entre o 13 de marzo e o 17 de abril, permitiu ás persoas participantes adquirir coñecementos básicos sobre o uso do ordenador e ferramentas dixitais aplicadas á vida cotiá.
Durante o curso abordáronse contidos prácticos como o manexo do correo electrónico, a busca de información en internet e o uso de distintos recursos web, así como a creación e utilización de contas en redes sociais. Ademais, o alumnado aprendeu a solicitar cita médica en liña, a empregar ferramentas como Chave 365 e a firma dixital, e a realizar diferentes trámites electrónicos coa Administración de maneira segura e autónoma.
Na entrega de diplomas, o Alcalde felicitou ás persoas participantes polo seu aproveitamento e animounas a continuar formándose no ámbito dixital.
Noraboa a tod@s!