- Unha actividade enmarcada dentro dos programas da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras conductas aditivas dos Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón.
- Organizada polo Concello da Cañiza en colaboración coa Asociación Érguete e impartida por Avelaíña Saúde Mental nunha das salas polivalentes do Edificio Multiusos da Cañiza.
A charla é unha actividade das moitas que se levan desenvolvendo e impartindo dende a creación da Unidade, en xaneiro de 2023, dirixidas especialmente aos nenos e nenas e adolescentes nos centros escolares e ás súas familias.
Nesta ocasión o coloquio estivo orientado cara ás mulleres, dentro do programa “En Familia todas Contan”, centrada na saúde mental. Un concepto que se define como “estado completo de benestar físico, mental e social, que non se ciñe soamente á ausencia de afeccións ou enfermidades e que é fundamental en todas as etapas da nosa vida".
As relatoras da Asociación Avelaíña se centraron na saúde das mulleres que é distinta a dos homes por factores biolóxicos e tamén polas desigualdades por factores de xénero. Igualmente disertaron sobre as condicións que perxudican o benestar emocional, a saúde e a calidade de vida como por exemplo a sobrecarga por coidados a outras persoas, a reproducción, as tarefas non remuneradas, os traballos precarios, a doble e incluso triple xornada de traballo, situacións de violencia ou abusos ou incluso os ideais de belleza.
Todos estes factores restan tempo para o descanso da muller a para o seu autocoidado.
Na charla de onte entablouse un interesante coloquio sobre cómo combatir estas situacións e déronse algunhas das claves para conseguilo.