Arrancamos o proxecto de mellora integral do Campo de Fútbol das Augas Férreas por un importe de 599.935,27 €uros

Unha actuación que abarca o cambio de todo o céspede do terreo de xogo, do sistema de rego, a colocación de 4 torretas de iluminación, colocación de caldeira de biomasa nos vestiarios, novo acceso adaptado, saneamento do peche da instalación e outras melloras enerxéticas.

 

  • Un proxecto maduro que hoxe se presentou ante a Deputación Provincial, no marco das axudas PON2030, que posibilitará que o Concello poida financiar o investimento desta importante actuación en máis de 500.000,00€.
  • Unha ambiciosa obra de mellora e rehabilitación cun investimento de 599.935,27€  impostos engadidos, dos que 416.650,65 corresponden a execución de obra, 54.164,58€  ao 13% de gastos xerais e 24.999,04 ao 6% de beneficio industrial. A estes tres conceptos hai que engadir o 21% de ive que suma outros 104.121,00€.
  • A enxeñería Calderón&Asociados Ingeniería Medioambiental, foi a encargada de redactar este proxecto, baixo o título de “acondicionamento e mellora da eficiencia enerxética do Campo de Fútbol das Augas Férreas”.

 

As obras deste importante proxecto contemplan os traballos de substitución de todo o céspede sintético do terreo de xogo (104,40m x 65m). Cambio da rede de rego e dos sistemas de iluminación do campo de fútbol coa colocación ademáis de 4 grandes torretas de luz. Impermeabilización da cuberta dos vestiarios. Construcción dunha caseta para aloxar unha caldeira de biomasa que substituirá á caldeira de gas-oil e colocación dun silo. Ademáis se reformarán as instalacións de ACS (calefacción dos aseos, vestiarios e duchas), o saneamento e os sistemas eléctricos. Por outra banda habilitarase un novo acceso á instalación polo extremo norte e sanearanse os muros de bloque perimetral de todo o recinto deportivo.

Unha actuación que reformará integralmente esta instalación deportiva, na que entrenan e xogan os nenos e nenas e demáis integrantes do Clube de Fútbol Cañiza, en todas as súas categorías e actualmente presenta grandes deficiencias derivadas do paso do tempo, entre elas o degaste das fibras do céspede.

A execución desta reforma é outro dos compromisos adquiridos polo Alcalde co FÚTBOL da Cañiza, atendendo á grande afección a esta disciplina no noso Concello.

O proxecto ten por obxectivo por en valor a instalación deportiva, desgastada xa polo uso. Garantir que esta práctica deportiva se poida desenvolver nun ambiente sano e promover a eficiencia enerxética e a sostibilidade da instalación nos consumos eléctricos, dotando ao campo de iluminación LED, na reducción dos consumos de auga no rego do céspede coa colocación de aspersores eficientes co ciclo da auga e a substitución da caldeira de gas-oil por biomasa, entre outras actuacións.