Apertura das pistas de tenis municipais "Carballo do Marco"

O Alcalde Luis Piña  informou esta mañá que a partir deste martes 24 de xuño se abrirán ao público as pistas de tenis municipais situadas na zona do Carballo do Marco, tras ser sometidas a unha completa reforma integral durante os meses de inverno.

  • Localización: Carballo do Marco
  • Data de apertura: Martes, 24 de xuño de 2025
  • Horario: A demanda (segundo dispoñibilidade)
  • Reservas, horarios, normas de utilización das instalacións e pagos: A través do camping, atendendo aos seus horarios de apertura e peche.
  • Prezo por uso:
    • 3,09€/hora
    • Suplemento por iluminación: 2,06

 

REFORMA COMPLETA DAS INSTALACIÓNS

O Alcalde recordou que a actuación supuxo unha reforma integral da superficie deportiva (1.400 m²), incluíndo:

  • Novo pavimento deportivo con lousas de gran resistencia e capacidade drenante, cun acabado en pintura acrílica especial para pistas deportivas.
  • Nova sinalización viaria e de xogo, e renovación das redes por modelos línea Premium.
  • Pechamento perimetral completamente novo, con postes de aceiro de 4 metros e malla branca.
  • Instalación de 4 torres de iluminación LED con columnas de 8 metros e canalizacións soterradas.
  • Importante traballo de drenaxe para solucionar os problemas de humidade e acumulación de augas procedentes da estrada Carballo do Marco, garantindo unha maior durabilidade da instalación.

 

INVESTIMENTO E FINANCIAMENTO

O investimento total desta actuación ascendeu a 147.682,08 € (IVE incluído), dos cales:

  • 139.716,00 € corresponden á execución da obra.
  • 2.129,60 € a redacción de proxectos.
  • 4.025,16 € a dirección de obra.
  • 1.811,32 € a coordinación de seguridade e saúde.

A empresa adxudicataria foi PRACE Servicios y Obras S.A., cun contrato por importe de 136.921,68€. Os traballos técnicos foron realizados por Calderón & Asociados Ingeniería Medioambiental.

A obra foi financiada ao 100% mediante:

  • 51.085,00 € achegados pola empresa Red Eléctrica de España S.A.U. mediante convenio asinado o 13 de marzo de 2023.
  • 96.597,08 € procedentes dunha subvención da Deputación de Pontevedra, concedida o 28 de xuño de 2024 dentro do Plan Máis Provincia 2024.

 

UNHAS PISTAS RENOVADAS PARA UN USO ÓPTIMO

Esta reforma supón un importante avance para o deporte no municipio, optimizando o rendemento das pistas, ampliando os horarios de uso e garantindo unhas condicións de xogo seguras e modernas para toda a veciñanza.

 

Apertura das pistas de tenis municipais "Carballo do Marco"

 

 

Apertura das pistas de tenis municipais "Carballo do Marco"