Amaia Arrazola enche de cor e reivindicación feminina a renovada piscina municipal da Cañiza

O mural, que a artista rematou o sábado, xurde ao abeiro do programa da Deputación “Mulleres en Acción, Violencia Zero” e reflexa os perfís de tres xeracións de mulleres.

Unha representación mural de 8 metros de longo por 4 de alto que permanecerá fixa na entrada á piscina climatizada.

A imaxe das mulleres de tres xeracións xa se pode contemplar na fachada principal da rehabilitada piscina climatizada. Son as que conforman o mural que a artista Amaia Arrazola pintou nestes días como nova acción artística do programa da Deputación “Mulleres en Acción, Violencia Zero”.

A presidenta provincial, Carmela Silva, xunto ao alcalde, Luis Piña, mantiveron un encontro coa artista a pasada semana para coñecer de primeira man o proceso creativo da obra que reflexa unha mirada cara dentro.

No mural, Amaia Arrazola presenta os rostros da súa propia filla, de ela e da súa nai, como mostra das tres idades, coas súas problemáticas plasmadas en cada unha das figuras. Desde a inocencia, o xogo, os estímulos visuais da súa filla Ane; ao seu retrato, tratando temas de sexualidade, a perda da liberdade, a maternidade, etc. E, por último, a súa nai, unha imaxe na que fala de madurez, da xuventude perdida e da protección total da familia.

 

Amaia Arrazola enche de cor e reivindicación feminina a renovada piscina municipal da Cañiza

 

 

Amaia Arrazola enche de cor e reivindicación feminina a renovada piscina municipal da Cañiza

 

Logo Diputación de Pontevedra