Adxudicamos as obras de acondicionamento dun ximnasio no interior do Pavillón de Deportes da Cañiza

  • Unha obra que costará ao Concello 77.081,55€ e que se sufragará con cargo ás cantidades asignadas á Cañiza a través do Plan territorial +Provincia 2024 da Deputación.
  • Este é outro dos compromisos que Luis Piña adquiriu co Balonmán Cañiza para esta nova tempada. Habilitar dentro do Pavillón Carballo do Marco, onde entrenan todas as categorías do Club,  unha nova zona acondicionada para ximnasio de 55,62 m2.

 

Así o avanzou o Alcalde esta mañá, despois de ter asinado este 17 de xuño o contrato administrativo para a execución da obra coa empresa adxudicataria: ML GLOBAL 24, SLU., que conseguiu o contrato cun prezo de licitación de 53.184,03 € máis o Ive 11.168,64€, sumando un total de 64.352,67€.  Unha actuación que deberá estar rematada en tres meses.

Aos costes de execución da obra súmanse outros 8.621,25€ de honorarios adxudicados ao arquitecto Pedro González Souto. Pola redacción do proxecto un total de 5.136,45€ con impostos engadidos, pola dirección de obra outros 2.371,60€ e pola coordinación de seguridade e saúde outros 1.113,20€.

Un total de 77.081,55€ que o Concello costeará  ao 100% a través do Plan + Provincia 2024 Liña 1-Investimentos da Deputación Provincial. Axuda aprobada pola Xunta de Goberno do Organismo Provincial na sesión do 19 de abril de 2024.

A empresa ML GLOBAL 24, SLU., presentou unha oferta que rebaixaba o prezo inicial de licitación en 4.107,63€ que serán destinados a outras adquisicións ou melloras.

 

O Premio IBERDROLA acadado en 2023 polo CB CAÑIZA:

O acondicionamento por parte do Concello dun espazo habilitado para ximnasio, permitirá ao Club Balonmán invertir o premio IBERDROLA SUPERA 2023 na categoría “SUPERA COMPETICIÓN”.

Un galardón acadado en novembro de 2023, que recoñecía as mellores iniciativas postas en marcha en España a favor da igualdade de xénero na práctica deportiva e na que se premiaron a 6 proxectos de entre 900 candidaturas recibidas.

“O proxecto gañador do CB Cañiza  «La fuerza del deporte femenino en el rural»  conseguiu alzarse cunha dotación económica que o club destinará á adquisición de máquinas para este novo espazo que comezaremos a acondicionar en breve”, sinalou o Alcalde.

O Proxecto

  • As obras de acondicionamento teñen por finalidade dar resposta á necesidade actual de facilitar un novo espazo para uso de ximnasio. Neste caso habilitarase unha zona pechada, adosada á fachada sureste do Pavillón, próximo ao acceso principal.
  • O acondicionamento  proxectouse como unha partición lixeira homoxeneizada co espazo interior e á vez permeable, capaz de manter a comunicación visual coa pista a través dunha cristaleira.
  • As obras comezarán coa desmontaxe e traslado das cabinas e módulos onte se atopan actualmente as oficinas.
  • Retirada destas instalacións e acondicionamento desta fachada sureste.
  • A obra contempla a montaxe da estrutura lixeira para acoller o novo espazo, acondicionamento da derivación eléctrica  e instalación de ventilación.

Ao remate das obras, o club dotará ao ximnasio das máquinas que permitirán ás xogadoras e xogadores seguir crecendo como deportistas.

Estas foron as palabras do Alcalde Luis Piña que esta mañá volveu a eloxiar e felicitar a todas as persoas que, dalgún xeito, forman parte do balonmán da Cañiza. “Grazas pola implicación, esforzo e traballo ilusionante que amosades día a día no desenvolvemento desta disciplina que vai máis alá da práctica deportiva, axudando a crear e adquirir valores aos nenos e nenas que xa dende pequenos entran a formar parte do Club”.

Adxudicamos as obras de acondicionamento dun ximnasio no interior do Pavillón de Deportes da Cañiza
Adxudicamos as obras de acondicionamento dun ximnasio no interior do Pavillón de Deportes da Cañiza