Adxudicada a obra de construcción dun novo pozo de barrena para a Traída de Augas

Unha obra cun investimento de 87.776,85 €uros subvencionada ao 100% pola Liña  1 de Obras e Servizos do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra.

O ALCALDE ASINA A ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DUN NOVO POZO DE BARRENA DE APORTE DE AUGA Á TRAÍDA MUNICIPAL

  • A empresa Construcciones, Obras y Viales S.A, COVSA. é a mercantil adxudicataria desta nova obra hidráulica que sumará un pozo de barrena máis aos 8 existentes na rede de abastecemento da traída de augas municipal.
  • Este proxecto xunto coa construcción do novo pozo na zona do Rañadoiro, rematado o pasado mes de abril e xa en funcionamento, cun investimento de 67.821,13,  aportarán máis caudal aos dous depósitos de cabeceira da Traída de Augas.
  • Un total de 155.597,98€ de investimento para aumentar a capacidade de aporte de augas da rede Municipal.  Un importante esforzo inversor e de captación de financiación, desenvolvido nesta anualidade para intentar mellorar o actual sistema de abastecemento.

Esta mañá o Alcalde Luis Piña asinou a adxudicación da obra de construcción do novo pozo na zona de Portoaugavella á empresa Construcciones, Obras y Viales S.A, COVSA, por un importe de execución de 80.170,73€.

Unha cantidade á que hai que sumar os gastos de redacción do proxecto, 3.872€, e a dirección da obra e coordinación de seguridade e saúde, outros 3.734,12.  Un total de 87.776,85 financiados ao 100% pola Deputación de Pontevedra.

Como no caso da construcción do pozo do Rañadoiro, rematado o pasado mes de abril e xa en funcionamento, esta obra xurde da necesidade de mellorar o sistema de abastecemento de auga de consumo humano do núcleo da Cañiza. Unha instalación de máis de 40 anos que necesita renovarse para poder asegurar os aportes de auga e garantir axeitadamente o servizo.

Ademáis o Concello leva meses desenvolvendo traballos e actuacións para mellorar o servizo: análisis da situación actual, tanto das captacións e cantidade de auga aportada ao servizo como da infraestrutura da rede; limpeza, acondicionamento e sinalización dos mananciais, busca de fugas e roturas, instalación de caudalímetros á entrada dos depósitos.  Uns traballos orientados a intentar reducir as deficiencias da infraestrutura.

IGUAL QUE O POZO DO RAÑADOIRO, O NOVA INSTALACIÓN HIDRAÚLICA SERÁ CAPAZ DE IMPULSAR UN CAUDAL DE MÁIS DE 5 M3/HORA ATA O DEPÓSITO DE PORTOAUGAVELLA  E ESTARÁ CONTROLADO CUN SISTEMA DE TELEMANDO.

As obras de construcción deste proyecto denominado “Captación de Auga para subministro ao depósito de Portoaugavella” consistirán na realización dunha nova captación mediante un pozo de barrena de 150 m. de profundidade onde se instalará unha bomba sumerxible para auga limpa capaz de impulsar un caudal de 5 m3/h ata o depósito de Portoaugavella.

Para que o sistema de bombeo funcione á demanda e en automático, se instalará tamén un sistema de telemando entre a captación e o depósito de xeito que, ante a necesidade de auga no depósito, o telemando dará unha orde de arranque á bomba de captación. Este telemando estará integrado e no depósito estará cuberto cunha envolvente independente.

UNHA REDE QUE PRECISA DE IMPORTANTES ACTUACIÓNS PARA PODER MODERNIZALA, OPTIMIZALA E OFRECER UN SERVIZO EFICIENTE.

Como xa informou o Alcalde o pasado 9 de marzo na presentación do estudo encargado polo Concello para coñecer en profundidade a situación da rede de abastecemento, «para poder garantir que este servizo se poida prestar cuns mínimos de calidade, sobre todo en tempos de seca, será necesario realizar prioritariamente unha serie de actuacións que suporán unha inversión superior aos 228.000,00€:  unha sectorización con caudalímetros para detectar fugas de augas, reparacións nos depósitos de auga potable, colocación de válvulas redutoras de presión na rede de distribución así como instalación de contadores».

«Ademáis será necesario cambiar toda a canalización da rede e adoptar outras medidas correctoras que suporán un investimento de 2.886.987,95 €».