Aberto o prazo para a inscrición no campamento urbano do Concello da Cañiza. Verán 2022

O Concello da Cañiza abre o prazo de inscrición para o seu Campamento Urbano 2022, que se vai a desenvolver durante todo o mes de xullo.

Ofértanse un total de 100 prazas divididas en dúas quincenas.

Fai a túa solicitude na Biblioteca Pública Municipal. 

Prazo desde o 1 ao 15 de xuño  de 2022.

Dirixido a nenas e nenos de 3  anos (sempre que cursasen 4º de educación infantil) a 12 anos.