8 DE MARZO. «DÍA INTERNACIONAL DA MULLER»

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o Concello da Cañiza marca na súa axenda varias actividades, como así o anunciou o Alcalde Luis Piña esta mañá.

Ademáis de adherirnos á Declaración Institucional da FEGAMP que publicamos onte,  este domingo 10 de marzo celebraremos  no Auditorio da Casa de cultura, ás 17h, a representación da obra teatral BRAVAS de Isa Risco. Unha obra que a artista califica como “a nosa historia con saias e a rachar”, promocionada por Culturactiva e financiada polo PACTO DE ESTADO.   

Isabel Risco protagoniza Bravas, o seu segundo espectáculo unipersoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada.

Bravas é unha producción teatral sobre mulleres sen medo, que forman parte dun valeroso clan. A obra foi galardoada co III premio Luisa Villalta de Igualdade da Deputación da Coruña.

A autora proponnos para este domingo un xogo desde o teatro cómico e comprometido, con grandes textos de Paula Carballeira, Clara Gayo, Roi Vidal e Xurxo Barcala para percorrer a nosa historia a través dunha viaxe divertida e comprometida.

 

Avaliación e redacción do III Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal 2024-2028

Ademáis, dentro das actividades que desenvolve o Concello en torno á promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes,  este ano estamos avaliando o II Plan de Igualdade Municipal e estamos traballando xa na redacción do III PIOM para os anos 2024-2028 ; este 3º documento dará continuidade a todas as accións levadas acabo nos últimos 4 anos de vixencia do II PIOM e que se pode consultar na páxina web municipal www.caniza.org, no espazo "Recuncho para a igualdade": https://www.caniza.org/sites/default/files/media/document/PIOM%20CA%C3%91IZA%20ONLINE.pdf.

Un plan, o PIOM, que en palabras do noso Alcalde Luis Piña “nace froito da implicación que o noso Concello ten coa igualdade e que pretende ser un documento marco de referencia para a entidade local en materia de políticas de igualdade”.

 

Charlas e Conferencias dentro do Programa «Familias, todos contan»

Tamén está previsto celebrar un ciclo de conferencias e charlas dentro do Programa “Familias, todos contan”, aberto ao público en Xeral, fundamentalmente ás mulleres, que iremos anunciando dende o Concello nas vindeiras semanas.

 

este domingo 10 de marzo celebraremos  no Auditorio da Casa de cultura, ás 17h, a representación da obra teatral BRAVAS de Isa Risco

 

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL. 8 de marzo de 2024 «Día Internacional da Muller»