8 de marzo. DIA INTERNACIONAL DA MULLER

O Alcalde Luis Piña e as Concelleiras do Goberno da Cañiza presentan a viñeta deseñada polo ilustrador Luis Davila para conmemorar o Dia Internacional da Muller

 

UN DESEÑO GRÁFICO EXCLUSIVO PARA O CONCELLO DA CAÑIZA, IDEADO POR DAVILA A PARTIRES DO TEXTO PREMIADO NO II CONCURSO MUNICIPAL DE SLOGANS “CONTALLO A VIOLETA” PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XENERO

A GAÑADORA DESTE CONCURSO, FÁTIMA RODRÍGUEZ ALVAREZ, ALUMNA DE 2º DE BACHARELATO DO IES DA CAÑIZA,  TAMÉN PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DESTA TARDE.

 

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, esta tarde o Alcalde da Cañiza, acompañado das Concelleiras do Equipo de Goberno e da Educadora Familiar dos Servizos Sociais Municipais, presentaron unha das accións que integran o proxecto municipal de Igualdade para este 2022: a difusión e promoción dunha viñeta deseñada polo recoñecido ilustrador Luis DAVILA que co seu característico humor galego pon imaxe gráfica á frase gañadora do concurso “Cóntallo a Violeta” deste 2022: «Se me da a gana de ir sachar patacas en minisaia vou e punto».

A viñeta repartiuse en formato «marcapáxina» a todos os alumnos dos centros de ensino da Cañiza, nos comercios e establecementos da localidade e tamén aos veciños que asistiron á feira celebrada este domingo 6 de marzo.

O Concello adquiriu os dereitos de autor sobre a mesma.