57 FEIRA DO XAMÓN DE A CAÑIZA.

O 15 de agosto celebramos a xornada gastronómica da «Feira do Xamón» e o VIII Concurso Nacional de Cortadores de Xamón.

  • Na Carballeira do Cacharado -Travesía da Feira. (A 200 m. do acceso da Autovía A-52 Rías Baixas) a partires das 11h.
  • Nunha xornada chea de gastronomía e folclore e na que os productos da «nosa terra»,  o xamón e os viños da Paradanta, serán os grandes protagonistas.

 

Programa da Xornada

Ás 11.00h  comeza a venda de tickets para a compra das racións da Xornada Gastronómica do Concello .Serviremos xamón curado, asado, en empanada, en tortilla e xamón empanado.     

Todas as racións a 7€, incluindo a especialidade de xamón elexida, pan, auga e un vaso de viño da nosa terra. Excelentes albariños brancos da D.O. Rías Baixas, das prestixiosas adegas EIDO DA FONTE e  TERRAS de ABELAN que tamén estarán presentes na Feira con stand propio cos seus mellores e premiados caldos.

Ademáis, de agasallo un pano conmemorativo como lembranza da nosa Feira e unha rifa para participar no sorteo de dous xamóns.

E, ainda que o stand do Concello pecha pola tarde, durante todos os días, os establecementos da Vila continuarán servindo xamón.

Tamén ás 11h. dará comezo o VIII Concurso Nacional de Cortadores de Xamón na que xa están escritos os mellores profesionais. Todas as racións (agás as dos pratos creativos) se destinarán á venda.

Ás 12h. comeza o desfile da comitiva do xamón dende a Casa Consistorial ata a Carballeira, encabezado polo tradicional carro  galego, cargado de xamóns e tirado polos espectaculares bois de Mario Nogueira. Participan tamén no desfile os cabezudos, @s nen@s ataviad@s co traxe rexional portando as bandexas cos pinchos de xamón, rememorando a tradición das primeiras edicións de agasallar aos visitantes á festa con este pequeno pincho. O Alcalde Luis Piña, Concelleiros e demáis invitados acompañaran esta comitiva. E como non podía faltar o noso benquerido grupo de Gaitas da Asociación Cultural Santa Cristina de Valeixe amenizará o desfile.

Na Carballeira tamén nos agardan os acordes do Grupo de Gaitas «BARALLOCAS» da Cañiza e da Charanga «NOROESTE».

Xa chegados ás 14.30h entregaremos os premios aos gañadores do Concurso de Cortadores e sortearemos entre todos os asistentes 2 xamóns da Terra.

E pola tarde, ás 19.00h. Torneo de fútbol “Trofeo Festa do Xamón” no campo de Fútbol de O Vieiro e á mesma hora pero na rua Oriente, diante do Concello, espectáculo infantil de animación «A Bailar no Verán», a cargo da COMPAÑÍA  ANIMAR-T

E pechamos o día grande da Cañiza con verbena. A partires das 22.30h festa amenizada polo Grupo LA NAVE (que actuará na Rúa Antonio Facorro) e a Orquestra GRAN PARADA dende a Praza Maior.