25 de Novembro: « Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller»

Neste 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller, o Alcalde convocou á veciñanza para a lectura da Declaración Institucional da FEGAMP.

Ás 12 da mañá, acompañado de Concelleiros de Goberno e da Corporación Municipal, traballadores do Concello, Policía Local, Garda Civil, traballadores dos Servizos Sociais e veciñas e veciños da Cañiza, Luis Piña procedeu á lectura desta Declaración na que se condenou a violencia contra as mulleres en todas as súas manifestacións, trasladando o  apoio e solidariedade ás familias de todas as vítimas. Ademáis o Concello reafirmouse no compromiso de por fin á violencia contra as mulleres que xa é un obxectivo irrenunciable e prioritario.

O Concello continuará traballando de cheo neste eido, poñendo especial atención na importancia da formación, da concienciación e da prevención dende a infancia, tanto dende o ámbito da familia como dende o contexto escolar.

Nun día como hoxe, o Alcalde volveu a incidir na importancia que para erradicar estas condutas violentas ten a educación e a formación.

Neste contexto hoxe inauguramos dous novos «Puntos Violetas» no Centro de Saúde da Cañiza e no Centro Médico de Valeixe, para por a disposición da veciñanza o material de sensibilización e concienciación na necesidade de erradicar  este tipo de violencia. Ademáis, nestes Puntos Violeta damos a coñecer os recursos á disposición da cidadanía á hora de atender ás mulleres vítimas da violencia machista.

Nesta presentación o Alcalde estivo acompañado polo persoal médico e sanitario dos Centros da Cañiza, aos que lles queremos agradecer a súa colaboración e apoio neste tipo de iniciativas. Grazas a todos.

Ademáis, neste mes de novembro, o Concello está en proceso de avaliación do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres (PIOM). Nestes días estivo á disposición dos veciños o cuestionario de avaliación. Toda a información recollida está en proceso de análise por parte da empresa Andamiaxe, adxudicataria do concurso para esta Avaliación.

Tras o análise deste cuestionario e segundo comunicou o Alcalde, no mes de decembro o Concello estará en disposición de presentar o III PIOM.

SI ERES VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO E VIVES NA CAÑIZA OU NA CONTORNA, PODÉMOSTE  AXUDAR NO «CENTRO DE INFORMACIÓN DA MULLER» CIM COMARCAL DE PONTEAREAS.

O CIM é un servizo de información ás mulleres, dependente da Consellería da Muller, que proporciona con carácter permanente asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos, información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades aos grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden.

Os seus principios de actuación son o anonimato, o respecto á vontade das e a  gratuidade de todos os servizos que prestan.

  • Tel.: 986 64 46 53
  • E-mail: cim@ponteareas
  • Horario: De luns a venres (agás festivos) de 9:00 a 15:00 horas

 

25 de Novembro: « Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller»

 

25 de Novembro: « Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller»

 

25 de Novembro: « Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller»

 

25 de Novembro: « Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller»