
O Concello da Cañiza ten programadas a realización de varias actividades, dirixidas ao alumnado dos nosos centros educativos, para contribuir dende a administración, a eliminar e previr as conductas violentas en calquera das súas manifestacións, e de xeito específica a de xénero.
Esta programación irá desenvolvéndose durante o curso escolar e dende o Concello iremos informando sobre cada unha delas.
Acción 1: Colocación de 2 puntos violetas nos centros educativos de secundaria do Concello.
Colocación dun espazo de información, sensibilización e visibilización para o alumnado de secundaria dos centros educativos sobre a violencia de xénero e as diferentes formas, características e os recursos para a súa atención. Aquí poderase atopar tamén o material da campaña de sensibilización en torno á conmemoración do 25N.
Acción 2: Reparto da campaña de sensibilización entre o alumnado de todos os centros educativos.
Accion 3: Representación da obra de teatro “SOFIA” e posterior debate con alumnado do IES de A Cañiza a cargo de Marta Pérez e a compañía de teatro Inversa Teatro.
Sofía é unha peza unipersoal / conferencia, realizada ad hoc a partires da montaxe maior da Cía Inversa Teatro Sofía e as Postsocráticas. Trátase dunha acción escénica na que a actriz, no escenario e acompañada da súa propia máscara (Platón), fai unha reflexión en torno á necesidade de buscar un novo xeito de reflexionar ante a problemática da violencia machista. O espectáculo dunha duración de 25’ ofrece unha panorámica ante a estrutura que sustenta a violencia de xénero: o silencio, a negación e o efecto espectador.
Accion 4: Inicio das actividades do proxecto “VIOLETAS” de prevención e sensibilización en torno a igualdade e a violencia de xénero co alumnado dos centros educativos.
“VIOLETAS” proxecto dirixido ao alumnado de todos os centros educativos no que se traballa co alumnado dende a etapa de primaria a educación secundaria ,e no que se abordan contidos como; a autoestima, a educación afectivo sexual, habilidades sociais para a resolución de conflitos, os estereotipos e roles de xénero , todo elo dirixido a promover no alumado condutas baseadas no bo trato, na tolerancia no respecto e de cara a previr calquera forma de violencia e de maneira específica a de xénero.
Accion 5: Presentación do libro «PEUGO, O CALCETIN MELENUDO» con JESSICA RODRIGUEZ PIÑEIRO (mestra e autora do libro) na biblioteca municipal.
Lectura e realización de actividades na biblioteca municipal coa autora do libro.
Peúgo levaba tempo roldando pola cabeza de Jessica Rodríguez Piñeiro, unha profesora de Educación Primaria apaixonada da literatura infantil que comezou a escribir o seu libro durante o confinamento. O álbum ilustrado en galego saíu á venda o pasado mes de outubro da man de Babidibú e xa se converteu nunha ferramenta única para aqueles docentes que buscan tratar a violencia de xénero e os estereotipos de parella en clase.
Si eres vítima de violencia de xénero e vives na Cañiza ou na contorna, podémoste axudar no «Centro de Información da Muller» CIM comarcal de Ponteareas.
O CIM é un servizo de información ás mulleres, dependente da Consellería da Muller, que proporciona con carácter permanente asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos, información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades aos grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada o demanden.
Os seus principios de actuación son o anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión contraria destas, o respecto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas, a gratuidade de todos os servizos que se teñan prestado, e todo iso atendendo á vocación de servizo público e o respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do CIM, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias.
Rua Oriente S/N de Ponteareas
Tel.: 986 64 46 53
e-mail: cim@ponteareas
Horario: De luns a venres (agás festivos) de 9:00 a 15:00 horas
Video file