Xogacañiza “Inchables” 2026

Data
to
Location
Pavillón Municipal da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

O Concello da Cañiza continúa coa súa programación de Nadal cunha proposta pensada especialmente para que os máis pequenos desfruten ao máximo: Xogacañiza “Inchables”.

Os días venres 2 e sábado 3, en horario de 16:30 a 19:30 horas, o Pavillón Municipal da Cañiza converterase nun gran espazo de xogo cheo de inchables, circuitos e diversión asegurada.

Unha actividade perfecta para que nenas e nenos pasen unha tarde entretida, activa e chea de risas nun ambiente seguro e adaptado.

Entrada libre para todas as familias.

Agardámosvos para compartir dúas tardes cargadas de diversión!

Horario

Os días venres 2 e sábado 3, en horario de 16:30 a 19:30 horas