Un evento que forma parte da programación de Verán de Ocio do Concello para este 2025.
O vindeiro sábado 19 de xullo de 2025, celebrarase a XIV Xuntanza Moteira, organizada polo Motoclube "Tumbada As 4".
O evento dará comezo a partir das 19:00 horas, coa saída dos participantes desde o recinto da Peña de Francia. A actividade inclúe unha ruta moteira que culminará cunha merenda de confraternidade na Carballeira do Cacharado.
Trátase dunha cita consolidada no calendario de actividades sociais e deportivas da comarca, que cada ano reúne a numerosos afeccionados ao mundo das motos nun ambiente de convivencia e respecto pola seguridade viaria.
A organización convida a todas as persoas interesadas a participar e desfrutar da xornada.
Sábado, 19 de xullo de 2025, a partires das 19h, con saída dende o recinto da Peña de Francia e merenda na Carballeira do Cacharado.