X SERÁN DA CASTAÑA E MAGOSTO POPULAR

Data
to
Location
Centro Comarcal A Paradanta
Organiser
Concello da Cañiza. Programación de Outono 2022
Actividades

O 5 de novembro o Centro Comarcal Paradanta acollerá a celebración do X Serán da Castaña e gran magosto popular a partires das nove da noite. Ademáis de castañas asadas, o Concello preparará bocadillos de chourizo asado regado cos viños da zona. Ao finalizar os asistentes poderán disfrutar da tradicional queimada e todo por 5 €uros por persoa.

Este Magosto e Serán conta tamén coa colaboración e participación dos integrantes da Asociación Cultural Furafollas de Oroso que xunto coas actuacións doutras agrupacións da zona, amenizarán a tarde noite do 5 de novembro con música tradicional e cancións galegas recopiladas da memoria e cultura popular.

 

Horario
  • O sábado 5 de novembro, ás 21h no Centro Comarcal da Paradanta
  • Unha actividade organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Cultural Furafollas de Oroso.