Actividades
O Concello anuncia a 5ª excursión do Programa «Canicenses en Ruta»
Viaxe a LA ALBERCA, PEÑA DE FRANCIA, MONFRAGÜE, PLASENCIA E ZAMORA
- Os días 29, 30 de xuño e 1 de xullo, con saída dende A Caniza e visita a algúns dos lugares máis emblemáticos de Salamanca, Cáceres e Zamora.
- O Concello oferta prazas en autobús gran turismo para participar nesta nova edición do programa “Canicenses en Ruta”.
- O prazo de inscrición ábrese o luns 1 de xuño de 2026 na Biblioteca Municipal, a partires das 10h.
- O pagamento da viaxe deberá realizarse antes do 19 de xuño mediante transferencia bancaria.
Prezo por persoa: 319€: inclúe viaxe en autocar gran turismo, hotel en réxime de pensión completa (en habitación compartida), guía-acompañante, seguro de viaxe, cruceiro fluvial polo Parque Natural de Monfragüe, comida en Plasencia e comida en bodega típica zamorana.
As persoas que desexen habitación individual deberán abonar un suplemento de 40 € por persoa e noite.
ITINERARIO:
1º DÍA:
- Saída dende A Caniza á hora acordada cos viaxeiros, dirección LA ALBERCA.
Comida en ruta. - Pola tarde visita a LA PEÑA DE FRANCIA, macizo rochoso de 1.723 metros de altitude onde se atopa o Santuario da Virxe Morena, patroa da provincia salmantina.
- Tras a visita, traslado ao hotel, reparto de habitacións, cea e aloxamento.
2º DÍA:
- Tras o almorzo no hotel, saída cara SERRADILLA, na provincia de Cáceres.
- Dende o embarcadoiro do Texo realizaremos un cruceiro fluvial polo Parque Natural de Monfragüe, onde se atopa a maior colonia de voitre negro de Europa.
- Comida.
Pola tarde visita a PLASENCIA e o seu atractivo casco histórico. - Traslado ao hotel, cea e aloxamento.
3º DÍA:
- Tras o almorzo no hotel, inicio da viaxe de regreso con parada en ZAMORA, coñecida como a “Perla do Douro”, cidade monumental cun importante conxunto arquitectónico e artístico.
- Comida en bodega típica zamorana.
- Ao rematar, inicio da viaxe de regreso á Caniza.
Horario
Os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo de 2026