O Concello anuncia a posta en marcha dun novo programa de formación en capacitación dixital, dirixido a persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos, co obxectivo de mellorar as competencias tecnolóxicas da veciñanza e favorecer a súa autonomía no ámbito dixital.
Esta acción formativa será o quinto curso en capacitación dixital que o Concello imparte desde comezos deste 2026, nunha clara aposta municipal por este tipo de formación, orientada a reducir a fenda dixital e facilitar que a cidadanía poida desenvolverse con seguridade e solvencia no entorno tecnolóxico actual.
A formación desenvolverase no Edificio Multiusos da Cañiza e dará comezo o 19 de febreiro, estendéndose ata o 5 de marzo, en horario de 9:00h a 14:00h.
As persoas interesadas poden solicitar máis información e formalizar a súa inscrición no teléfono 645 440 959.
O programa formativo estrutúrase nos seguintes módulos:
- Competencias dixitais básicas 1 e 2
- Competencias avanzas
- Autonomía dixital: Primeiros pasos para os trámites e a conexión dixital
- Level up: Domina o xogo, domina a túa vida dixital
- Tecnoloxía segura: Goza dos dispositivos como un pro, sen que te desconecten do mundo real!
- Ciber-defensa: Aprende a crear o teu escudo na rede
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia, está financiada pola Unión Europea – NextGenerationEU, en colaboración co Goberno de España – Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e desenvólvese a través de BIC Formación e ARA Formación.
Do 19 de febreiro ao 5 de marzo de 2026, en horario de 9h a 14h no Edificio Multiusos do Concello