TEATRO. Representación da obra «A señora de Forcadela» da Compañía “Os Quinquilláns”.

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Deputación Provincial de Pontevedra
Teatro

O Concello da Cañiza acolle este sábado, ás 20.30h, no Auditorio da Casa de Cultura, a representación da peza teatral «A señora de Forcadela» da Compañía de Teatro “Os Quinquilláns”.

Esta obra é unha historia baseada na biografía da mestra Josefa García Segret, extensiva á doutras mulleres represaliadas en Galicia a partires de xullo do ano 1936.

Chega ao noso concello grazas ao programa de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra denominado “O pasado por vir”.

Entrada Gratuíta!

Horario

Sábado 29 de abril de 2023, ás 20.30 horas no Auditorio da Casa de Cultura.