Teatro. Representación da obra «Retrincos de Castelao» da Compañía de Teatro “Artefeito S. Coop. Galega”.
O Concello da Cañiza continúa coa súa programación de outono co espectáculo: Retrincos de Castelao da Compañía de Teatro “Artefeito S. Coop. Galega”.
Artefeito presenta a Isabel Risco e Fran Rei en “Retrincos de Castelao”, un achegamento ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental da historia de Galicia.
A través dos seus textos e coa la dirección de Diego Rey, fan un divertido percorrido polo traballo deste intelectual, achegando ao espectador á súa inxeniosa e fascinante forma de ver a Galicia do seu tempo.
Ofrece o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces.
A través dun ollo de cristal que dá nova forma ao que se ve, o público poderá presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra.
Grazas a ese ollo, será capaz de comprender realmente a historia e o presente.
Entrada Gratuíta!
O sábado 15 de novembro, ás 20:30h na Casa de Cultura da Cañiza