TEATRO. Representación da obra "BRAVAS" de Isa Risco

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza subvencionado polo Pacto de Estado
Teatro

O domingo 10 de marzo o Auditorio da Casa de cultura acolle a representación da obra teatral BRAVAS de Isa Risco.

Unha obra que a artista califica como “a nosa historia con saias e a rachar”, promocionada por Culturactiva e financiada polo PACTO DE ESTADO.   

Isabel Risco protagoniza Bravas, o seu segundo espectáculo unipersoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada.

Bravas é unha producción teatral sobre mulleres sen medo, que forman parte dun valeroso clan. A obra foi galardoada co III premio Luisa Villalta de Igualdade da Deputación da Coruña.

A autora proponnos para este domingo un xogo desde o teatro cómico e comprometido, con grandes textos de Paula Carballeira, Clara Gayo, Roi Vidal e Xurxo Barcala para percorrer a nosa historia a través dunha viaxe divertida e comprometida.

Horario

O domingo 10 de marzo, ás 17h no Auditorio da Casa de Cultura