Teatro coa representación da obra «MAXIA»
Teatro
O Concello da Cañiza comeza a súa programación de outono co espectáculo de maxia: 4500 anos da incrible historia da maxia, da Compañía do Mago Teto.
Con este espectáculo pretendemos espertar o interese pola arte da maxia na xente, e nas persoas que xa son afeccionadas á maxia, achegalos á historia de tan apaixonante e sorprendente mundo.
As fantásticas e sorprendentes historias da maxia, irán acompañadas, ás veces, coa realización de xogos de magos doutros tempos, e noutras ocasións coa explicación dalgún xogo de maxia.
Entrada Gratuíta!